Resultados

Bos rexistros e actuacións no Campionato de Galicia Xuvenil e Junior Indoor

O pazo dos Deportes de Riazor acollería esta fin de semana o penúltimo evento indoor autonómico ca acelebración do Campionato Galego Xuvenil e Junior na que máis de trescentos atletas daríanse cita .

A nivel xeral púdose ver bós rexistros e probas moi disputadas na que salientamos os títulos acadados polo atleta xuvenil do C.A.Sada Santiago Represas nos 50 m.l. con 6.19 e nos 200 m.l. con 23.20. Marco Martínez da Gimástica imporíase na lonxitude cun bo salto de 6.31 m. acadando o bronce na altura con 1.73 que sería gañada por Pablo Piñón do Lugo Running by Ramos Lourés con 1.82 m. Na lonxitude femina excelente rexistro para a atleta do Celta Feminino Olaia Gisela Becerril que malia non superar a súa MMT de 5.69, chegaría ata os 5.56 m. Interesante resultaría tamén o rexistro de Jaime Arias do Riazor Coruña en peso quen enviaría o artefacto ata os 13.38 m.

Na categría junior salientamos as actuacións de Paula Iglesias do Riazor Coruña que sumaría os trunfos na proba de 200 m.l. con 25.75 e no concurso de altura no que chegaría a batir por dúas ocasións a súa MMP ó saltar 1.70. Do mesmo modo o atleta do C.P. Maristas de Lugo Alexandre Barreiro lograría os títulos autonómicos de Triple cun excelente salto de 13.53 e de lonxitude con 6.33 m. Interesante tamén o rexistro de Elian Numa do Coruña Comarca nos 800 m.l. con 2.01.56, ó igual que Martín Oitavén do Riazor Coruña nos 50 m.v. con 7.37. Na proba de lonxitude Elvira Okuto do A.F.Celta imporíase con 5.42 no seu cuarto intento ó mesmo que no concurso de Peso Andrea González da Gimnástica con 10.18 m.

Ligazón

.

Compartir: