Resultados

Un ouro, dúas platas e un récord galego na terceira xornada do nacional indoor

Tres novas medallas acábanse de sumar ás acadadas no dia de onte por Ana Peleteiro (ouro en triple) e Jean Marie Okutu (plata en lonxitude) no transcuro da última xornada correspondente ó Campionato de España de Pista Cuberta que se está a desenvolver en Salamanca.

Comezaría esta xornada no concurso de altura, ca presencia da monfortina Saleta Fernández do F.C.Barcelona quen superaría a barreira dos “oitenta”, chegando ata os 1.83 m. Este rexistro permitiríalle acadar un fantástico subcampionato nacional cunha MMT, nunha proba domiñada pola campiona olímpica Ruth Beitia con 1.93 m. Con esta altura a galega igualaría o récord galego indoor que ela mesma ten dende o ano pasado.

Continuando cos concursos, a outra excelente nova estaría protagonizada por Belén Toimil do Playas de Castellón quen no concurso de peso e cun millor lanzamento no seu primeiro intento de 16.27 m. (16.27/16.09/16.13/X/X/X) establecería un novo récord galego absoluto, cedendo tan só ante os 16.83 de Ursula Rúiz. Con esta plata e sobre todo con este rexistro, continúa a fantástica progresión da mugardesa que con esta, xa son catro as milloras de récord galego absoluto que protagonizaría dende que dera comezo a tempada

Paralelamente á disputa do concurso de peso dábase a saida a final dos 1500 m. con doble presencia galega, e na que a clara favorita Solange Pereira cumpliría todos os pronósticos impoñénsose na proba e acadando un novo título nacional con 4.32.49. Nunha fantástica quinta posición entraría Leticia Fernández do ADAS-Proinor con 4.37.56

Outras actuacións salientadas serían a MMT de Teresa Rodríguez do Riazor Coruña nos 60 m.v. con 8.99; a eliminación moi discutida de Javier García do Riazor Coruña nas semifináis dos 60 ml., asi como a particpación do campión de España ó aire libre na proba de triple José Alfonso Palomanes do F.C.Barcelona que con 15.58 m. MMT (X/15.50/15.30/15.26/15.58/15.50) ocuparía a quinta praza na final. Santiago Ferrer da Gimnástica pola súa banda completaría o campionato de Heptathlon cun total de 4909 puntos acadando a oita posición da proba (7.54/6.41/11.25/1.80/8.97/4.70/2.49.26)

Ligazón

Compartir: