Resultados

Exito do Clube Fisioterapia San Lazaro, medalla de plata no Nacional de Maraton

Desenvolveuse este domingo en Castellón o LXXX Campionato de España de Marathon cunha participación total de setenta e tres atletas, entre os que se atopaban cinco representantes galegos.

Na categoría feminina a nosa única participante Paula Santos da Agrupación Viguesa de Atletismo marcaría un crono de 3.13.00 ocupando a décima plaza da proba.

Xunto ela pero na categoría masculina tomarían parte catro atletas do Clube Fisioterapia San Lázaro e na que a millor posición correspondería a Rubén Pereira 14º clasificado con 2.29.23. Xunto él Rafael Fuentes entraría no posto 17º con 2.29.42; Oscar Bernárdez no 26º con 2.35.54 e José Angel Penas Tallón no 41º con 2.42.56

Desde a FGA felicitámoslles polo exito alcanzado

Ligazón

Compartir: