Resultados

Leticia Gil Récord Galego Absoluto indoor en lonxitude con 6.22

No transcurso do Campionato de España de Pista Cuberta que se está a desenvolver nas Pistas Carlos Gil Pérez de Salamanca, a atleta galega do Bidezabal Leticia Gil Pérez participante na final de lonxitude, acadaría no seu terceiro intento un millor salto de 6.22 m. (X/5.88/6.22/5.81/6.09/5.99) o que supón un novo récord galego absoluto indoor do concurso e que ademáis permítelle entrar a formar parte da élite nacional ó acadar a 5ª posición no campionato nacional.

Cabe salientar que Leticia Gil, xa fora a primeira muller na historia do atletismo galego en chegar a barreira dos seis metros (6.00 m.), realizados no pasado Campionato Galego Absoluto de Pista cuberta e que pon de manifesto o gran momento de forma polo que está a atravesar a atleta de Valdeorras.

Ligazón

Compartir: