Ouros para Saleta Fernández e Ana Peleteiro, e Prata para Adolfo Sainz-Maza no nacional promesa Indoor

Remataría unha nova edición correspondente a disputa do Campionato de España Promesa de Pista Cuberta que acontecería esta fin de semana nas pistas madrileñas de Gallur ca presenza de dazoito atletas galegos.

A nivel de resultados cabe salientar a actuación de Ana Peleteiro do Adidas, quen cumpliría sobradamente cos pronósticos impoñéndose de maneira autoritaría no seu concurso cun excelente terciero salto de 13.61 ( X/12.80/13.61/X/X/12.55) que supón un novo récord dos campionatos e que confirman a súa recuperación para a alta compitición.

Por outra banda a monfortina do Valencia Esports Saleta Fernández, conseguiría proclamarse Campiona de España Promesa logo de saltar 1.77 m. a terceira e non poder, alo menos polo momento, franquear a altura de 1.82. Con este trunfo paracen xa esquecidos os problemas físicos que viña arrastarndo fai uns meses e que confirman a progresión que está a experimentar este ano.

Para redondear esta xornada de medallas, o atleta lucense de Castro Rei Adolfo Sainz Maza do R.C.Celta acadaría unha magnífica medalla de prata na proba de heptathlon ó sumar un total de 4865 puntos cedendo tan só ante o Muciano Sergio Jornet con 5110 p.. Os parciáis do subcampión de España serían de: 3º en 60 m.l. con 7.29; 5º en Lonxitude con 6.20, 1º en Peso con 12.02; 4º en Altura con 1.87; 2º en 60 m.v, con 8.59; 1º en Pértega con 4.30 m. e 9º en 1000 m.l. con 3.02.18

Do resto da participación galega, salientar as prazas de finalistas acadadas por Miguel Cajaraville do Celta no concurso de Pértega acadando un quinto lugar con 4.55 m.; a sexta posición do campión galego absoluto dos 50 e dos 60 m.l. Javier García do Riazor Coruña con 6.98 así como a cuarta posición nos 1500 m. de Angela González do Pielagos con 4.33.56

Por último nos valados os atletas do Lucus Caixa Rural Galega Miguel Pérez e Iago Nuñez accederían á final ocupando o sexto e oito lugar respectivamente con 8.24 e 8.59

Ligazón

Compartir: