Resultados

Ignacio Fernández, Carlos A. Almudí e María Jose Sanromán protagonistas en Pontevedra

Disputaríase no dia de hoxe pola mañá no CGTD de Pontevedra o Campionato de Galicia de Lanzamentos Longos de Pentathlón de veteranos que baixo unha xornada fría e chuviosa xuntaría a unha treintena de lanzadares na disputa do título autonómico.

O máis salientable deste edición serían os tres récords galegos protagonizados, o primeiro deles, por María José Sanromán W-45 do A.F.Celta quen no cómputo xeral das cinco probas (Martelo, Peso, Disco, Xavalina e Martelo Pesado) sumaría un total de 2.759 puntos quedando a moi poucos puntos do récord nacional (24.88 m./ 10.75 m./ 29.67 m./ 20.69 m./ 8.38 m.), establecendo da mesma maneira un récord galego no martelo pesado

Salientable tamén os récords de Ignacio Fernández (M-35) do Real Clube Celta quen faría no propio ca súa categoría ó conquerir un total de 2.856 puntos (57.53 m./9.68 m./28.89 m./25.61 m./16.59 m.) e establecer igualmente un récord autonómico en martelo pesado. Por último Carlos Alberto Almudí do C.A.Santiago na categoría M-40 chegaría ata os 2.963, grazas os seus rexistros de 49.22m ; 9.07 m.; 28.96 m. ; 38.13 m. ; e 13.85 m.

Galería fotográfica

Ligazón

Compartir: