Un soberbio Adrián Ben, establece un novo récord de España nos 3000 m.l. indoor

De novo e unha vez máis o lucense Adrián Ben acaba de establecer un novo Récord Nacional Junior de pista cuberta na proba dos 3.000 m.l. durante a disputa do Gran Premio Ciudad de Valencia ó acadar un rexistro de 8.06.12, que supón millorar os 8.07.02 que dende o ano 2009 establecera David Bustos en Vilafranca. Na proba que sería gañada por Cakip Lachgar con 8.05.36 tomaría parte tamén o atleta Tariku Novales que abandonaría

O lucense continúa asi o seu asombroso arranque de tempada que o levarían o pasado dia 03 en Madrid a acadar o Récord Nacional dos 1500 m.l. cun rexistro de 3.44.52 que o poñen ó fronte dun cambio xeracioal galego que comeza con moitísima forza este novo ciclo.

Lembramos que Adrián Ben empezaría a adestrar este ano as ordes de Arturo Martín na Residencia Joaquín Blume de Madrid onde conta cunha beca de interno e na que ademáis, ficharía polo F.C.Barcelona, logo de que estivera dende as súas orixes vencellado o Lucus Caixa Rural Galega.

Noutro orden de cousas, a atleta do Comesa Sporting Club Carmela Cardama que se atopa estudiando na universidade norteamericana de Florida State University, acadaría nunha compitión desenvolta na Universidade de Boston un rexistro de 9.18.20 na proba dos 3.000 m. (MMP indoor e de aire libre) que a sitúan ó fronte do ranking nacional promesa (sétimo de todos os tempos) estando da mesma maneira na cuarta posición no absoluto que encabeza Nuria Fernñádez con 9.01.42.

Resultados Valencia

Compartir: