Resultados

O INEF de Bastiagueiro será esta fin de semana o epicentro da actividade do C.G.X.

O domingo 12 de febreiro as 11.00 horas na Facultade de Ciencias do Deporte en A Coruña (INEF) reunirase a Xunta Directiva do Comité Galego de Xuices. Entre outros temas a tratar farase un repaso da situación das distintas delegacións e comisións, as probas con discapacitados así como da planificación da presente tempada.

O mesmo dia as 16.30 horas do serán e nas mesmas instalacións do INEF, acontecerá o exame de acceso a categoría de Xuiz RFEA-1 e na que máis de cincuenta aspirantes achegados de toda a nosa xeografía obtarán ó título. Agárdase con esta nova promoción reforzar ás cada vez maiores necesidades do noso atletismo.

Compartir: