Campionato de Galicia Cadete e Xuvenil de Lanzamentos e Pentathlon veteranos

A Delegación da Federación Galega de Atletismo en Pontevedra organizará no Centro de Tecnificación de Pontevedra o vindeiro 11 de febreiro o Campionato de Galicia de Lanzamentos de inverno para as categorías cadete e xuvenil.

Nas probas nas que hai un total de 76 atletas inscritos (44 na categoría feminina e 32 na categoría feminina) tomarán parte os millores especialistas galegos do momento na pelexa polo campionato.

En canto a participación de atletas destacados cabe salientar a presenza no concurso de xavalina de atleta xuvenil Ivanna Román do Marineda que xa o ano pasado tiraría ata os 41.22 m. que lle servirían precisamente para acadar o subcampionato nacional xuvenil de aire libre

O xuvenil Nicolás García do R.C.Celta, será outra das atraccións tomando parte nos concursos de martelo e disco logo de que precisamente nesta última especialdade acadara o ano pasado o título de Campión Nacional Cadete con 55.97 m.

Da mesma maneira desenvolverase o Campionato de Galicia de Pentathlon de Lanzamentos de veteranos na que dazanove atletas tomarán parte

Inscritos veteranos/as Inscritos cadete-xuvenil

LigazónLigazón


Compartir: