Resultados en directo

Ouro para Pedrosa e Rosales; prata para Lekhili e bronce para o ADAS-Proinor por equipos no Nacional veterano de Media Marathon

Por delegacion da R.F.E.A. a Federación Catalana de atletismo en Granollers organizaría no dia de hoxe o XXVI Campionato de España de Media Marathon Absoluto e veterano sobre un percorrido homologado de 21.097 metros.

Nesta importante cita cabe salientar o título de Campiona de España (F-55) da atleta do Universidade de Santiago Esther Pedrosa quen se imporía na proba logo de marcar un rexistro de 1.27.28.

O atleta máis veterano da compitición Manuel Rosales (M-80) sumaría outro título nacional ó seu dilatado palmarés proclamandose campión de España logo rematar a súa proba en 1.53.19.

Xa na categoría M-40 o atleta do ADAS-Proinor Hassan Lekhili acadaría a medalla de prata logo de ceder tan só ante o catalán Marcos Sanza. O rexistro de Hassan sería de 1.07.22.

Por equipos salientar a medalla de bronce na categoría de veteranos (35-40) acadada polo ADAS-Proinor, que da mesma maneira serviríalle para acadar a sexta posición na clasificación absoluta.

O resto da participación galega salientar os postos acadados por Ricardo Vázquez ADAS-Proinor (5º M-40); José Antonio Ramallo do Fisioterapia S.Lázaro (25º M-40), José Manuel Férnandez do ADAS-Proinor (67º Absoluto) e Amadeo Abal Chaves do Fisioterapia S. Lázaro (7º M-45);


Ligazón