Noite máxica en Madrid con Récord Nacional de Adrián Ben e Galego de Miguel González

Como de máxica podemos calificar a cita que no dia de onte depararía o I Trofeo Chamartín de Pista Cubeta para o atletismo galego.

Existía espectación por ver como se desenvolverían os nosos maiores activos do medio fondo e fondo juniors nunha proba de calidade. Os resultados non poideron ser máis satisfactorios xa que na terceira serie dos 1500 m. e cun rexistro de 3.43.10 o atleta viveirense do F.C.Barcelona Adrián Ben establecería nada menos que un novo Récord Nacional Junior pulverizando o anterior rexistro do finalista olímpico David Bustos nun segundo e unha centésima. Por si fora pouco este formidable rexistro representa ademáis a mínina AE para tomar parte no europeo de atletismo que se desenvolverá do 3 ó 5 de Marzo en Belgrado. En clave autonómica salientar que a marca supón tamén un R.G.Promesa que dende nada menos que 1978 conseguira Carlos Cudeiro con 3.45.2

Lonxe de rematar aqui as alegrías para o noso deporte, na última proba do Trofeo Chamartín, a dos 3.000, Miguel González do LUCUS Caixa Rural Galega nunha non menos fantástica carreira e cun rexistro de 8.08.66 establecería un novo Récord Galego Junior borrando da lista os 8.15.47 que dende o ano 2004 en Braga (POR) acadara o ourensá Alex Fernández. Este rexistro permítelle encabezar o ranking nacional da súa categoría

Tariku Novales do Playas de Castellón, tomaría parte na mesma carreira dos 3.000 rematando noveno con 8.26.40 (MMP 8.25.31 do 2016) e que lle permiten estar de terceiro no ranking nacional junior.

Compartir: