Oitavo posto para a Gimnástica de Pontevedra na Copa do Rei

A Sociedad Gimnástica de Pontevedra se viu superada polo resto de clubes participantes na Copa do Rei de Pista cuberta, non puidendo repetir o bo resultado acadado o ano pasado na que acadaría unha cuarta posicón.

O Centro Deportivo Municipal Gallur de Madrid sería o esciario escollido para o desenvolvemento da XXXVI Copa do Rei de Clubes na que o F.C.Barcelona sería no gran trunfador o impoñerse tanto na categoría masculina como na feminina

Por parte dos atletas da Gimnástica o máis salientable serían as actuacións de Ignacio Sarmineto, 4º nos 400 con 48.68, Lysvanys Arlys, 2º en altura con 2.10 e David Ferrer 5º en lonxitude con 7.11

Por equipos as posicións quedarían da seguinte maneira: 1º FC Barcelona con 90 p., 2º Playas de Castellón con 83 p., 3º C.A Fent Cami Mislata 58 p.; 3º Grupompleo Pamplona Atlético 57 p., 4º Real Sociedad 53 p., 6º A.D.Marathon 53 p, 7º Simply-Scorpio-71 con 36 p. e 8º S.G.Pontevedra con 35 puntos.

Noutro orden de cousas salientamos os trunfos nesta mesma compitición tanto de Jean Marie Okutu (F.C.Barcelona) quen se imporía na lonxitude con 7.48, como de Solange Pereira (Valencia Sports) nos 1.500 m. con 4.27.60. Belén Toimil (Playas de Castellón) acadaría a segunda posición en peso con 15.83 o mesmo que Saleta Fernández (F.C.Barcelona) en Altura con 1.80. Por último bo concurso de Alfonso Palomanes (F.C.Barcelona) que acadaría o terceiro lugar en Triplo con 15.53


Ligazón

Compartir: