Resultados

Esther Navarrete e Lolo Penas domiñaron en Ribadavia

Disputouse no Circuito de Campo a Través da Area recreativa de “A Veronza” do Concello de Ribadavia ó LXXXII Campionato de Galicia de Cross Absoluto, Promesa e Junior individual e por equipos masculinos e o L Campionato de Galicia Absoluto, Promesa e Junior Individual e por equipos femininos.

O evento que contaba ca organización do Concello de Ribadavia, Xunta de Galicia e Clube Deportivo Aurum e que se atopaba integrado dentro do II Circuito Galego de Campo a Través, vería coroarse ós atletas Esther Navarrete do ADAS-Proinor e a Lolo Penas, este ano atleta independente, como os gañadores na categoría absoluta. Con este trunfo Navarrete consegue o seu segundo título que acadara xa no ano 2015, sendo o cuarto para Jose Manuel Penas que suma este os colleitados nos anos 2009, 2011 e 2012. Xunto os gañadores, estarían compartindo podium Sandra Mosquera e Leticia Fernández ámbalas dúas tamén do ADAS-Proinor e por Manuel Hurtado (Gimnástica de Pontevedra) asi como por David Santos (Verxel Nutrición Deportiva) na categoria masculina.

Na categoría promesa os gañadores foron Angela González do Pielagos e Antonio Serrat do C.D. San Paio A Estrada, sendo o título na categoría junior para os atletas Inés Castaño do C.A. Noia e Miguel Gonzalez do Lucus Caixa Rural Galega.

No apartado de equipos o trunfo absoluto correspondería para o ADAS-Proinor na categoria feminina e para a Sociedad Gimnástica na categoria senior e junior masculina sendo no resto de categorias as victorias para o C.A.Santiago na Promesa Masculina, e para o Atletismo Noia na Junior femenina.

Con este Campionato a nosa comunidade desenvolvería o acontecemento atlético máis importante da especialidade que terá a súa continuidade o vindeiro dia 3 de Marzo ca celebración do Campionato de España en Xixón, para a reglón seguido continuar ca gran cita internacional da tempada, como son os Campionatos do Mundo da especialidade que este ano terá na capital ugandesesa de Kampala, o seu pais organizador.


Ligazón