Resultados

Moita participación e entusiasmo no autonómico Cadete Indoor

Disputouse o Campionato de Galicia de Pista Cuberta para os atleta da categoría cadete asi como o Campionato galego para os 3000 e 1500 m. da categoría Xuvenil cunha ampla presenza de atletas.

O máis destacado a nivel xeral serían as victorias do atleta do Franciscanos de Lugo Carlos Alvarez gañador nas probas de lonxituide con 6.07 e dos 600 m. con 1.31.67, asi como o trunfo de López Quinteiro do Vila de Cangas no concurso de peso con 13.10 m. e a segunda posición nos 1000 m.l. con 2.51.60.

Nerea Iglesias do A.Fontes do SAR volvería a por de manifesto a súa autoridade na velocidade como xa o fixera no absoluto dos 60 m.l. ó impoñerse nos 50 m. con 6.85 e nos 300 m. con 44.75

O resto de actuacións salientar o trunfo nos 3000 m. de El Medhi El Nabaoui do C.D.S. Paio a Estrada con 9.29.87 e Sara López do Lucus Caixa Rural Galega nos 3000 Xuvenil feminino con 10.51.51.

Ligazón