Resultados

Boa participación no autonómico de veteranos de Campo a Través

Preto de douscentos atletas tomarían parte esta fin de semana no XXI Campionato de Galicia de Campo a Través para atletas veteranos que se desenvolvería no Concello de A Rúa.

As probas que se desenvolverían no circuito de ” O Aguillón” darían comezo as 12.00 horas contando ca participación de atletas destacados internacionáis.

Na categoría feminina victoria absoluta para Rocío Alvite do C.A.Sar (W-35) quen invertiría un rexistro de 17.11 sobre os 4500 metros dos que constaba o circuito, sendo o trunfo na categoría masculina para Victor Rioboo do Miller Running (M-35) cun rexistro de 19.01 sobre un percorrido de 6500 m.

Por último e no apartado colectivo, trunfos das formacións do ADAS-Proinor (M-35), CSCR Beade (M-45) Verxel Nutrición Deportiva (M-55) así como a do Clube Atletimo SAR na categoría feminina.


Ligazón

Relación de medallistas por categoría

Compartir: