Resultados

Femenino Celta e Gimnástica de Pontevedra acadan o título autonómico de Combinadas

O Atletismo Femenino Celta na Categoría feminina e a Sociedad Gimnástica de Pontevedra na masculina acadarían esta fin de semana o título de campións galegos de probas Combinadas cuias probas desenvolverianse no módulo cuberto de Lugo.

O clube celeste lograría sumar un total de 8090 puntos estando seguido no podium pola S.Gimnástica de Pontevedra con 7711 p. sendo o terceiro lugar para a Escola Atlética Lucense con 7405 p.. Xa na categoría masculina victoria cómoda para a S. Gimnástica de Pontevedra con 12245 puntos, sendo o segundo lugar para o Franciscanos de Lugo con 8942 p. correspondendo a medalla de bonce para o clube, tamén lucense, da Escola Atlética Lucense con 8602 puntos.

Notro orden de cousas os gañadores individuáis absolutos foron Lucía Seijas con 2684 puntos e Santiago Ferrer con 4865 p. ambos da S.Gimnástica correspondendo os trunfos cadetes para os atletas do Franciscanos de Lugo Carmen Victoria González (2584 p.) e Carlos Alvarez (3472 p.)

Resultados Individúais, Cadete, Absouto e por clubs

Resultados Veteranos

Compartir: