Resultados

Un récord de España e dazasete autonómicos, balance do Galego Veterán de Pista Cuberta

Fantástica xornada a vivida no dia de onte durante a disputa do Campionato de Galicia Veterán desenvolta no Pazo dos Deportes de Riazor. A unha participación récord de atletas inscritos, engádeselle un auténtico aluvión de récords autonómicos (dazasete) así como un récord nacional acadado casi rematando o campionato como broche de ouro por parte de Xosé Lois Otero Cepeda (C.D.Universidade) quen na proba dos 3.000 m.l. M-60 e cun rexistro de 10.36.11 pulverizaría o anterior tope en varios segundos.

No tocante os récords galegos acadaríanse un total de oito na categoría feminina e de nove na masculina dos que salientamos o de Esther Pedrosa quen quedaría as portas do récord nacional na proba dos 3000 W-55 ó marcar cun rexistro de 10.56.51.

Por outra banda o atleta do C.D. San Paio A Estrada Mehdi Nabaoui acadaría onte no “Torneo do Norte de Portugal” unha nova plusmarca galega de 3.000 m.l. baixo teito na categoría cadete ó parar o reloxo nun tempo de 8.53.24 millorando os 9.01.2 de Miguel Ferreiro do ano 1989.

Ligazón

Relación de Récords batidos

Compartir: