Resultados

Sociedad Gimnástica e Atletismo Feminino Celta gañadores da Copa de Galicia

O Atletismo Feminino Celta en mulleres e a Sociedad Gimnástica de Pontevedra en homes proclamaríanse no dia de hoxe gañadores da XI Copa de Galicia de Atletismo de Clubs de Pista Cuberta que se desenvolvería no Pazo dos Deportes de Riazor.

O conxunto pontevedrés, moi regular en todas as súas actuacións, amosaríase como o conxunto máis forte dos que tomaban parte permitíndolle continuar ca súa supremacía por quinto ano consecutivo. Xunto el estarían no podium o Real Clube Celta e o Atletismo Narón compartindo podium.

Na outra categoría serían as celestes do Feminino Celta quenes se impuxeran no computo xeral da súa categoría ao igual que fixeran o ano pasado, o que pon de menifesto o excelente arranque da tempada das viguesas. A segunda posición correspondería a Gimnástica de Pontevedra sendo terceiras as atletas do Ria Ferrol-Concepción Arenal


Ligazón

Compartir: