Resultados

Arranca a Pista Cuberta

Logo do paron das vacacións do Nadal, as probas de pista cuberta serán quenes protagonicen os primeiros campionatos e compiticións deste recentemente estreado ano 2017.

A primeira das mesmas terá por esciario o Módulo Cuberto dos Remedios onde o mércores dia 4 se dispute en xornada de mañá o “Trofeo de Nadal de Pista Cuberta” organizado polo Clube Atletismo Ourense con probas de velocidade, valados, saltos e lanzamentos.

Xa na fin de semana e no Pazo dos Deportes de Riazor, desenvolveranse os primeiros Campionatos de Galicia comezando pola XI Copa de Clubs que acontecerá o sábado e na que dazaséis equipos en total compitirán por acadar este primeiro título colectivo. A priori será a Gimnástica quen na categoría masculina parta coma favorita, sendo na feminina onde as opcións resulten algo máis igualadas. CADENCIA ALTURA-PERTEGA Atletas inscritos

O domingo, turno para os atletas que disputen o Campionato de Galicia de Veteranos, no que se agarda unha importante participación e que pon de manifesto o incremento de actividade deste importante colectivo do noso atletismo. Informacion AdicionalHorario Atletas inscritos

Ligazón

Compartir: