Cita importante para Ben e González nos europeos de Campo a a traves

A activiade atlética marcada para este domingo pasa de maneira notoria pola importante cita que os nosos junior Adrián Ben e Miguel González teñén na cidade italiana de Chia na disputa do Campionato de Europa de Campo a Través . A cita que terá comezo as 10.15 horas teranos moi pendentes da seu desenvolvemento.

O resto de actividades atléticas pasan pola XV Carreira Pedestre de Nadal de San Cibrao das Viñas que comezará as 10.30 nas Pîscinas municipáis de Ponte Noalla.

O AVA organiza pola súa banda a XVI Memorial Andrés Abanqueiro-Bocatería Papo´s- Deportes Atletic´s que dende as 10.30 convertirán ó Parque de Castrelos no epicentro desta interesante e xa popular proba

Volvendo para as Rias Altas, As Pontes estréase ca disputa da primeira edición do seu Cross Popular Vila de As Pontes que contará con varias probas programadas sobre varios categorías comezando en torno as 11.00 horas na explanada de concertos da festa da Fraga

Por último Noia comeza as 10.30 horas co Trial Galaica, última das sete probas deste circuito que conta ca montaña coma protagonista principal.

Compartir: