Resultados

Catro Galegos no Campionato do Mundo de Veteranos de Perth

Un total de catro atletas galegos son os que están a tomar parte no Campionato do Mundo de Atletas Veteranos que se está a desenvolver na cidade australiana de Perth do 26 de Outubro ó 06 de Novembro e a que acuden un total 4095 atletas de 95 paises.

En concreto trátase de Soledad Castro Soliño (Comesaña S.C.) que na categoría W-50, tomará parte nas probas de 10.000 m.l; 8 km Cross e Medio Marathon.

Na categoría masculina contamos cos atletas do Runaway Bernardo García e José Antonio Saavedra que tomarán parte na proba de marathon na M-50. Por último na categoria M-80 contamos ca participación de Manuel Fernández do At. Veteranos de Ourense que tomará parte nos 5.000 e nos 10.000 m.

Relación atletas

Webb campionato

Resultados

Compartir: