Resultados

Paula Mayore e Pedro Nimo, Campions de Galicia de Media Marathon

Non habería sorpresas no dia de hoxe no Campionato de Galicia de Media Maraton que se desenvolvería conxuntamente ca XXI Media Maraton Cidade de Pontevedra. Os claros favoritos ao título cumpliron os pronósticos impoñéndose nesta vixésimo sexta edición autonómica.

Xa dende o punto quilométrico dez, tanto Pedro Nimo (3Run by Pedro Nimo) como Paula Mayobre (Independente) marcharían na cabeza da proba marcando un rexistro de 31.53 e de 36.30 respectivamente. Co paso da proba consolidarían esas posicións amosando o seu dominio e autoridade sobre a mesma. O seu tempo oficial sería de 1.08.31 para o de Santiago polos 1.18.01 da atleta de Ares.

Xunto eles e compartindo podium, estaría Yolanda Gutiérrez (1.21.08) e Rocío Alvite (1.22.44) asi como Iván Docampo (1.11.17) e Esteban Iglesia (1.11.30)

PODIUM GALEGO

RESULTADOS

DOSSIER PRENSA

Compartir: