Resultados

Cinco Galegos becados en Centros de Alto Rendemento

A Real Federación Española de Atletismo acaba de facer pública na súa circular nº 214/2016 a relación de atletas tanto internos como externos becados nos Centros de Alto Rendemento de Madrid, Sant Cugat e León.

Nesta relación figuran un total de cinco atletas galegos dos cales son dous os que renovan (a fondista Angela González e a lanzadora Belén Toimil), unha que non continúa (a triplista Ana Peleteiro, que se atopa dende abril en Lisboa ) e tres que se incorporan por vez primeira (Adrián Ben, Miguel González e Tariku Novales)

Internos CAR de Madrid: Adrián Ben e Angela González (Arturo Martín); Miguel González Carballada (Juan del Campo-Luis M.Martín)

Externos CAR de Madrid: Tariku Novales (Juan del Campo-Luis M.Martín)

Externos CAR de León: Belén Toimil (Carlos Burón)

CIRCULAR

Compartir: