O CNJ ascende ós xuices Jorge Blanco e Guillermo Sandino

Na reunión do CNJ que se desenvolvería en Segovia o pasado fin de semana e na que como xa informamos, se lle concedería a Anxo Pérez a distinción como millor xuiz novel do ano, tamén acontecerían dous importantes novas para o Comité Galego de Xuices.

En concreto trátase do ascenso de categoría de dous dos seus membros na que figuran o Xuiz Arbitro Nacional Jorge Blanco que acada o ascenso ao Panel A de Dirección Técnica.

Da mesma maneira, novo recoñocemento para o Xuiz Nacional Guillermo Sandino, que de igual modo ascende ao Panel A de Marcha.

Reseña CNJ

Compartir: