Resultados

Pontevedra e Ames presentan os seus Campionatos de Galicia

No dia de hoxe terían lugar nos Concellos de Pontevedrta e Ames as presentacións oficiáis correspondentes a disputa dos seus respectivos Campionatos.

O primeiro deles tería lugar no Concello de Pontevedra que será esciario o vindeiro dia 16 de Outubro do Campionato de Galicia de Media Marathon. A esta presentación acudiría o Presidente da FGA Isidoro Hornillos acompañado do Responsable Federativo na Delegación David Ferrer. No acto estarían acompañando ó resto de autoridades e institucións involucradas, encabezada por Anxos Riveiro (Concelleira do área de Deportes, Cultura e Dinamización de Pontevedra) Ramón Touza e Pablo Díaz (Presidente e Director Técnico respectivamente da S.G.P.) e representantes da entidade Caixa Bank.

A renglón seguido, e con apenas unhas horas de diferencia, sería o Concello de Ames quen presentaría o seu Campionato de Galicia de 10 Km. en Ruta do dia 23 de Outubro. De novo o Presidente da FGA acompañado do Delegado en Santiago Iván Sanmartín encabezarían a representación federativa. Por parte do Concello figuraría o seu rexidor José Miñones, contándose tamén no acto co Presidente do Clube Atletismo Millaraio José David García.

Compartir: