Resultados

Solange Pereira agranda o seu palmarés na Milla co seu quinto título Nacional consecutivo

A atleta Solange Pereira (Valencia C.A.) vense de proclamar en Marín Campiona de España Absoluta de Milla en Ruta por quinta edición consecutiva. A discípula de Carlos Landin marcaría un rexistro de 5.00 nunha proba na que contaba ca presenza da Campiona de España dos 1500 m.l. a soriana Marta Pérez que finalmente remataría na segunda posición a tres segundos da gañadora. Xunto elas, e compartindo podium, estaría a valenciana Laura Méndez.

Na categoría absoluta masculina Victor Rioboo (C.A.Santiago) que aspiraba a un posto no podium, teriase que conformar ca sexta posición con 4.28, nunha proba gañada polo madrileño Sergio Giménez con 4.22.

No Campionato de España de Veteranas un récord galego e importantes resultados das nosas atletas das que salientamos os títulos de campiónas de España de: Rocio Alvite (Independente) na F35; Cristina Estévez (A.F.Celta) na F40; María Teresa Castro (Atl. Noia) na F45 e Esther Pedrosa (Universidad de Santiago) na F55 e Begoña de Arriba Récord G. (Egovarros de Viveiro) na F60

Na categoría masculina tres récords galegos asi como títulos nacionáis para os galegos Juán Pablo Fernández (C.A.Santiago) na M35; Juan Carlos Sande (C.S.C.R.Beade) na M45; Jesús Rego (Atlética Lucense) na M50; Javier Toro Récord G.(Verxel Nutrición Deportiva) na M60; Jose Luis Rey Récord G. (Atl. Veteranos de Ourense) na M65 e por ultimo José Vicente Rioseco Récord G. (Egovarros de Viveiro) na M75

Resultados

Palmarés Campionto de España de Milla

Actuación galega

Compartir: