Resultados

XIX. Elisardo de la Torre, primeiro galego olímpico en tomar parte na proba de Obstáculos

Seguindo co especial de atletas olímpicos da nosa comunidade que conmemoran os “100 anos do atletismo galego” continuamos ca figura doutro gran atleta que daría a inesgotable canteira de Marín.

Elisardo de la Torre Allariz (Marín, 1971) forma xunto co seu irmán Carlos, unha das sagas familiares máis exitosas atleticamente falando do noso deporte.

Na época dos anos oitenta comezaría a dar os seus primeiros pasos no deporte rei, encarando pouco a pouco a súa especialización cara a proba dos 3000 m. obstáculos.

Baixo a man de Carlos Landín, comezarían a chegar de maneira progresiva, os seus primeiros éxitos importantes tanto en pista como en cross, nas que salientan os nada menos que oito títulos de Campión de España Universitario (do 1993 ó 2001 agás o ano 1998) que o confirmarían coma un atleta de calidade e constancia.

A cita olímpica de Barcelona 1992, chegaría algo cedo para o de Marín que en cambio fariase realidade catro anos máis tarde, en Atlanta 1996. Antes diso, xa no 92, contribuirá ca súa actuación ao título Mundial Universitario de Cross, repetindo podium (bronce) dous anos despóis. Destacaría na proba durante os anos noventa acadando o título de Campión de España absoluto en 1996 con 8.28.29 o que lle darían o pasaporte para a cita olímpica. Na cidade nortemericana saltaría ao Estadio Olímpico Centennial o dia 29 de xullo para tomar parte nos 3000 obstáculos acadando a novena posición na primeira serie con 8.42.75.

No ano 2000 en Barakaldo, lograría a súa millor marca persoal na proba con 8.20.44.

A nivel profesional Elisardo de la Torre é un recoñecido fisioterapeuta cuio actividade laboral levaríao ata Asturias e Santander a desenvolver ó seu traballo, chegando a traballar nos clubes de fútbol do Langreo, Caudal de Mires e mesmo Racing de Santander por citar algúns.

Xogos Proba Marca Posto
Atlanta-96 3000 m. Obst.
8.42.75 9º 1ª serie

Compartir: