Resultados

Solange Pereira e Victor Rioboo participantes de luxo en Marín

O Campionato de España de Milla en Ruta que se desenvolverá o sábado 24, contará ca participación de dous galegos de luxo na especialidade: Solange Pereira e Victor Rioboo.

Ambos, cun curriculum moi amplo tanto de aire libre como de pista cuberta,.tamén contan con excelentes logros en ruta. Neste último medio destacan os nada menos que catro podiums consecutivas acadados por ambos nas últimas edicións do campionato de España de Milla en Ruta.

Solange Pereira é a indiscutible domiñadora da distancia dende o ano 2012 na que se proclamaría campiona de España por vez primeira en O Barco de Valdeooras. Dende aquela cuarta edición ben revalidando e engrandecendo o seu palmarés ca consecución de catro títulos consecutivos dos anos 2012, 2013, 2014 e 2015 o que lle outorga o papel de clara favorita a consecución do que sería o seu quinto título consecutivo

Na categoría masculina Victor Rioboo compartiría con Solange Pereira o título de Campion Nacional na edición do Barco de Valdeorras, estando nas seguintes edicións sempre no segundo peldaño do podium nacional. Ó igual que a de Cangas, é un dos favoritos ao título que o convertirían no primeiro atleta español en sumar dous títulos nacionáis na distancia.

Palmarés Campionato España Milla en Ruta

Compartir: