Resultados

Rio acolle xa a Gustavo Nieves e brinda a quinta praza a Susana Rodríguez

O atleta paralímpico galego Gustavo Nieves Campello xa se atopa na vila olímpica de Río para tomar parte nos seus cuarto Xogos despóis de ter disputado os de Sidney-00, Pekín-08 e Londres-12.

Como vimos informando, o lucense -malia que afincado en Vigo- veu de estar concentrado na Residencia Joaquín Blume de Madrid os dias previos ao seu viaxe xunto ó seu adestrador Arturo Martín, na preparación desta importante cita.

Lembramos que nestes Xogos, tomará parte na proba de marathon o vindeiro dia 18 de setembro, logo de que nas anteriores paralimpiadas compitira tanto nos 10.000 m. como nos 5.000 m. rozando en ambas o posto de podium.

Noutro orden de cousas salientamos a gran actuación da atleta viguesa do Clube Atletismo Santiago Susana Rodríguez Gacio, quen compitindo na proba de triathlon, acadaría un diploma olímpico grazas a súa magnífica quinta posición.

Compartir: