Resultados

Fantástico balance das xornadas de

Como xa viñemos informando, Noia foi durante os dias 24 ao 27 o esciario escollido para o desenvolvemento da actividade “Saltar nas portas do mar” que organizarían conxuntamente a Federación Galega de Atletismo asi como Concello e Clube Atletismo Noia.
Igual que acontecera en Sada o pasado mes de Xullo (malia que alí se tomaría como esciario o seu areal) esta actividade desenvolveríase no casco urbán do citado Concello, sendo o seu obxectivo a promoción e achegamento do atletismo, na súa modalidade de saltos, á toda a mocidade.

O balance que se fai dende o sector de saltos da Federación Galega de Atletismo é moi positivo en tanto que se cumpliría un dos obxectivos principáis como era a promoción e achegamento da modalidade de saltos en contextos distintos os habituáis, salientándose a gran aceptación que se produciría tanto en Sada como en Noia.

Un dos acertos desta iniciativa sen dúbida, sería o de poder contar ca presencia de todos uns campións de España, como sería o caso tanto do triplista Alfonso Palomanes, como a do saltador de lonxitude Jean Marie Okutu olímpico nos recentemente pasados Xogos de Río. Ambos compartirían sesións de adestramentos e experiencias cos achegados amosando tanto a súa calidade técnica como a súa humildade e compromiso cos máis pequenos.

As xornadas estarían dirixidas polo responsable de saltos da Federación Galega de Atletismo Santiago Ferrer contando ca colaboracion e montaxe tanto do Concello de Noia como a do seu clube local e Clube Atletismo Sada.