Resultados

XIV. Julián Sotelo, a punta de lanza dos grandes xavalinistas galegos

Julian Sotelo Madrazo (Santander 1965) forma parte do importante grupo de lanzadores que a nosa comunidade aportaría a uns Xogos Olímpicos.

Malia que santanderino de nacemento, formaríase atleticamente na Coruña da man de Raimundo Fernández baixo cuias mans pasarían os máis importantes xavalinistas das últimas décadas. Xa con vinte anos sería quen de mandar o modelo antiguo de xavalina ata os preto de 67 metros, para un ano máis tarde acadar o primeiro dos once récords nacionáis que posuiría con 63.87 m. e subirse o máis alto dun podium nacional absoluto (volvería a gañar o campionato nas edicións dos anos 1988,1990,91,92,94 e 95)

No ano 1992 e xa como claro domiñador da proba, establecería un novo récord nacional con 76,80 o que refrendaría a súa participación nos Xogos Olímpicos de Barcelona. Nos mesmos tomaría parte o dia sete de agosto acadando no seu segundo intento un millor rexistro de 75,34 m. Remataría o ano 1992 en Pamplona ca súa millor marca persoal de sempre con 78.78 que constituiría un novo récord nacional

A nivel de actuacións internacionáis as máis importantes serían as catro medallas logradas nos Xogos Iberoamericanos nas edicións do 88-90-92 e 94, asi como a medalla de ouro nos Xogos do Mediterráneo en 1991.

A nivel persoal enfocaría a súa formación académica cara ós estudos de Ciencias do Deporte e a Educación Física, estando na actualidade casado ca temén xavalinista olímpica galega Marta Míguez.

Xogos Proba Marca Posto
Barcelona-92 Xavalina
75.34 20Q (10A)

Curriculum RFEA