Resultados

Frank Casañas remata con 59.96 m. o seu concurso de Disco nos Xogos

Frank Casañas non puido reeditar a súas fináis acadadas nos Xogos de Pekin e Londres nas que chegaría a ser quinto e sétimo respectivamente. O noso discóbolo faría un concurso cun primeiro lanzamento nulo, para completalo con 57,89 m. no segundo e de 59,96 m. no terceiro os cales non lle permitirán tomar parte mañá na desexada final olímpica de disco. Noutro orde de cousas Lois Martínez encadrado no grupo A, tampouco estará mañá na final logo de que acadar no seu segundo e único lanzamento un rexistro de 59.42 m.

Lembramos que hoxe as 02.20 hora galega, dará comezo as probas de clasificación para a final de lonxitude na que toma parte Jean Marie Okutu

Resultados disco

Compartir: