Resultados

O gran legado do pai Simón

A vindeira tempada e coincidindo cos seus preto de tres décadas con nós, deixaremos de contar ca sempre entrañable figura de Simón Busnadiego nas nosas pistas.

Un dos referentes máis importantes do atletismo base galego nos últimos tempos, e sen dúbida da comarca de Marín, mudará de destiño cara terras onuvenses de Ayamonte. O pai Simón, da Congregación Misionera, exerceu durante todos estes anos de entusiasta adestrador e formador de innumerables atletas que pasaron polas súas mans e que descubriron o mundo do atletismo a trevés do seu apaisioado modo de entender o noso deporte.

Vencellado ao colexio paulista do San Narciso de Marín en calidade de docente, convertiríase nunha figura sempre presente en todos e cada un dos encontros onde se atopaban os seus atletas. Do seu paso polas pistas deixanos todo un legado de xenerosidade e compromiso que será lembrado e asociado a súa figura

Vaia dende esta Federación Galega un profundo recoñocemento ao gran traballo realizado e os maiores dos desexos de sorte na súa seguinte andaina.

Compartir: