Resultados

I. Suárez Molezún, un artista con pasado olímpico

Comezamos hoxe unha serie de reportaxes coincidindo co noso centenario e ca eminente inauguración dos Xogos de Rio, nos cales imos falar de todos e cada un dos atletas galegos que ao longo da historia conseguirían pertencer a ese selecto grupo dos chamados atletas olímpicos. Faremos un breve repaso da súa memoria ca intención de dar a coñecer e rendir tributo a este gran legado do noso atletismo galego, comezamos…

Manuel Suárez-Pumariega Molezún (A Coruña 1920, Madrid 2001) acudiría ós Xogos de Londres para tomar parte nos 110 m.v. convertíndose no primeiro atleta galego e coruñés en ser olímpico. Entre os seus méritos acadados figurarían o de ser campión de España nas edicións de 1942, 47, 48 e 49 asi como o de plusmarquista nacional con 15.5. Ademáis delo simultanearía nalgunha ocasión co concurso de altura na que chegaría a ser campión de España no ano 1948 con 1.79 m.

Tomaría parte no Estadio Olimpico de Wembley o dia 03 de Agosto de 1948 na súa proba clasificatoria acadando a terceira posición con 15.9 nunha carreira que se gañarían con 14.6.

Malia que nado en Coruña, formaríase fora de Galicia, centrando a súa actividade profesioal na mediciña que abandonaría no ano 1955 pola súa verdadeira pasión, a pintura. Sería nas artes onde acadaría un recoñocemento internacional chegando a ser Profesor de Bellas Artes na Complutense de Madrid asi como un dos máximos representantes da pintura abstracta xeométrica. Os seus cadros pódense ver no Centro de Arte Galego Contemporáneo de Santiago e no Reina Sofia de Madrid.

Un espacio para la Historia: Suárez Molezún (de Emilio Navaza)