Resultados

Oito mellores marcas batidas no Campionato de Galicia Absoluto

Cunha temperatura de mais de 36º grado celebrouse en Ourense o Campionato de Galicia Absoluto ao aire libre, onde se melloraron un total de oito melloras marcas de campionato a cargo de:
100 10.55 Mauro Triana
200 21.23 Mauro Triana
200 25.22 Lidia Casal
800 2.07.01 Solange Pereira
3000 Obs 11.00.21 Eva Arias
Lonxitud 5,93 Iria Forjan
Peso 16,03 Belen Toimil
4×100 48.40 Atletismo Feminino Celta
Separadamente das citadas marcas sobresaíron os dobletes de Mauro Triana en 100 e 200 demostrando o seu gran estado de forma e Solange Pereira en 800 e 1500 cuns bos rexistro e esperando e desexando que sexa repescada para os JJ OO de Rio.
Tambien lograron o doblete Belen Toimil , Victor Galego en peso e disco , os valados estiveron dominados por Claudia Rojo 100 e 400 e Riazor Coruña en 4×100 e 4×400 en homes

Ligazón

Compartir: