Resultados

Atletas galegos no punto de mira da RFEA

Coincidindo cos grandes resultados que están acadando moitos atletas galegos nos distintos Campionatos de España de categorías inferiores, a RFEA ven de convocar nas distintas concentracións de verán enmarcadas dentro do Programa Nacional de Tecnificación Deportiva, a un total de sete atletas e un técnico galegos.

Estas concentraccións, dividiránse por sectores en dous grandes núcleos ocupando cada un delas distintos puntos do Estado. No primeiro deles se atopa a atleta do A.Feminino Celta Olia Guisela Becerril quen tomará parte no sector de saLtos e que se desenvolverá en Soria do 25 ao 29 de Xullo.

A outra concentración está programada para porse en marcha en Sierra Nevada nas mesmas datas, e na que contaremos co resto de galegos na que se atopa a atleta do Ria Ferrol-CCA, Lucía Sicre no sector de Medio fondo; Sara Lima (Bedae), Sara López (LUCUS Caixa Rural Galega) e El Medhi El Nabaoui (CD San Paio) no sector de Fondo e Obstáculos; Nicolás García en lanzamentos e Leyre Aramburo no de marcha completando a relación de convocados. Por último estará presente nesta concentración en calidade de técnico o lucense Manuel Hurtado

CIRCULAR

Compartir: