Resultados

Dúas medallas e dous récords, balance no arranque do nacional cadete

Remataría a primeira xornada correspondente a disputa do Campionato de España Cadete que se está a desenvolver en Granollers

O máis salientado, sen lugar a dúbidas, serían esas medallas acadadas por Olaia Guisela Becerril do At. Femenino Celta quen no concurso de lonxitude e cun salto de 5.77 m. acadaría o subcampionato nacional que ademáis vería acompañado dun novo récord galego cadete ao superar nun centímetro o tope autonómico que ela mesma tiña dende o mes pasado.

O outro protagonista da xornada sería o atleta da S.Gimnástica de Pontevedra Marco Martínez, quen no concurso de altura igualaría a sua MMP de 1.84 o que lle serviría para entrar no podium no terceiro lugar nunca proba gañada cun milor salto de 1.87

Para rematar esta xornada, na última proba disputada sobre os 5 km. Marcha salientamos o récord galego realizado pola xoven promesa da marcha galega Roberto Vieiro do Clube Millaraio quen co seu rexistro de 23.00.05 establecería unha nova plusmarca autonómica . O anterior récord dende o ano 2012 estaba en posesión do marchador internacional Daniel Chamosa con 23.10.47.

Na xornada matinal iniciouse con unha nova medalla de plata para Iria Rivas Iglesia do Cuntis na proba dous 3000 metros marcha con un rexistro de 14.55.01

ACTUACION GALEGA (DIA 09-10)

Compartir: