Hoxe xoves na segunda xornada correspondente ao
Campionato de Europa de atletismo contaríamos pola mañá ca participación no concurso de xavalina da atleta Lidia Parada
Na proba na que tomarían parte un total de trinta e unha lanzadoras, a de Barbanza acadaría a súa millor marca do ano xa no seu primeiro lanzamento de 57.34 m. e que sería acompañado por un nulo no segundo intento. No último deles chegaría ata os 56.31 m. que a levarían ata o posto décimo quinto da clasificación xeral.
Mala xornada para Frank Casañas, que sen lugar a dúbidas condicionaríalle bastante eses dous primeiros lanzamentos nulos do seu concurso e que lle levarían a arriscar todo no terceiro e último intento. Con Maikel Martinez liderando a clasificacion con 66.00 m., Frank non puido pasar dos 59.06 (MMT de 65.32 m .) que pon de manifesto a escasa sorte no dia de hoxe do discóbolo.