Resultados

Gran balance de 11 medallas e catro récords galegos para os Junior no seu Nacional

Celebrouse en Castellón o Campionato Nacional da categoría junior cunha importante presenza galega.

O balance definitivo para os nosos atletas foron de 11 medallas (Un ouro, seis pratas e tres bronces) así como a consecución de catro récords galegos (…)

premer en “notica completa”

Os primeiros metales virían a cargo da plata do atleta do Lugo Running Club By Ramos Lourés Ivo Maseda na proba de 5.000 metros cun rexistro de 15.38.35, igual metal foi o logrado na mañá de hoxe por Daniel Chamosa nos 10 km. Marcha marcha cun crono de 46.34.46.

Outro novo metal de prata correría a cargo dunha das serias aspìrantes ao título Claudia Rojo (Valencia C.A.) que cedería tan só ante a catalana Bouchaid. O rexistro acadado pola galega de 1.01.13 non milloraría a súa millor marca da tempada de 59.93 pero sérvelle para engadir o prezado metal ó seu curriculum.

Outra fantástica nova para o atletismo Galego vería da man de Paula Iglesias (Riazor Coruña) que na proba dos 400 m.l. non só acadaría o subcampionato de España nunha sensacioal carreira, senón que ademáis co seu rexistro oficial de 56.09 establecería un novo récord galego junior que anteriormente estaba en posesión de Eugenia Gil dende o ano pasado con 56.25 e que pon de manifesto a importante progresión que está a experimentar esta atleta.

Un dos valores mediofondísticos do Comesaña S.C. Angela González presentábase nestes campionatos cun rexistro de 2.10.66 nos 800 m.l. que a facían figurar nas quinielas como unha seria candidadata ao podium. A de Nigrán, non defraudaría devolvendo a confianza depositada nela en forma de medalla de bronce cun rexistro ofial de 2.12.20 e millorando ese cuarta posición acadada no nacional indoor.

As combinadas viñan pedindo paso da man de Dario Costas que xa estivo a dar avisos do bo momento polo que se atopaba. Os seus parciáis de 10.80/6.61/11.82/1.94/50.17/15.14/36.40/4.00/44,69 e 4.44.98) acabarían corfirmando a evidencia facéndolle sumar un total de 6978 puntos os cales lle permitirían acadar tanto o subcampionato da España como o récord Galego Junior. A proba sería gañada polo levantino Victor Pastor con 7235 p. Fantástica tempada a do atleta da Gimnástica de Pontevedra que se queda as portas dos 7.000 puntos.

Pouco a pouco iría transcurrindo o campionato no que malia as notables actuacións dos nosos representantes, a medalla de ouro non parecía estar de parte dos nosos. Para rachar esta inercia, teriamos que agardar a proba dos 1500 m. na que un impresionante Adrian Ben (Lucus Caixa Rural galega) non só gañaría senón que ademáis convencería amosando unha mistura perfecta de técnica, madurede e sobre todo calidade, que fan del un dos grandes referentes da proba raiña dos 1500 m. O seu rexistro de 3.44.52, dio todo: novo récord galego da proba (o anterior estaba dende o ano 1987 con 3.46.0 en posesión de Roberto Pérez) así como un millor rexistro do campionato.

Nos 3000 m. femininos a presenza de Uxia Pérez (Playas de Castellón) nos podiums nacionáis comeza a ser habitual, e proba delo neste campionato sería tanto o bo rexistro acadado, na que baixaría dos dez minutos con 9.57.90, como a medalla de prata que a consolida nesta importante proba

Sen apenas tempo para dixerir o rebumbio de medallas que se estaba a producir, no corredor de lonxitude tiñanos a Iria Forján (Atléica Barbanza) que no seu sexto e último intento chegaría ata os 5.90 m. (+0,4) que lle servirían para afianzalo bronce e confirmar ao núcleo de Barbanza como un importante sector dinamizador de concursos a nivel nacional.

A proba dos 3000 m. Obstáculos sería para o noso atletismo sen dúbida a máis prolífera destes campionatos xa que nada menos que dúas medallas colleitariamos nela. Miguel González (Lucus Caixa Rural Galega) e Tariku Novales (Atletismo Noia) compitían e loitaban por un posto de podium no que ademáis contaban ca ventaxa da participación de atletas extranxeiros con millores rexistros. Ao remate o trunfo correspondería para o atleta catalán Alexis Rodríguez sendo as dúas prazas de podium restantes ocupadas polo lucense (prata) con 8.58.92 e polo de de Noia (bronce) con 9.02.61

Por último e xa como colofón, teriamos ao equipo de relevos do 4×100 do Riazor Coruña que na final farían unha extraordinaria carreira quedándose a só dez centésimas da medalla de bronce e marcando un rexistro ofical de 43.02 que representan un novo récord galego ( anterior o mesmo clube con 43.07)

RESULTADOS OFICIAIS

ACTUACION GALEGA

Fotos de Flor Pérez Currás

Compartir: