Resultados

Importante presenza galega no nacional junior desta fin de semana

Esta fin de semana de novo as pistas Municipáis de Gaeta Huguet de Castellón volverán a ser o esciario escollido para a desputa do LXIII Campionato de España Junior (…)

Para máis información premer en “ver noticia completa”

Esta fin de semana de novo as pistas Municipáis de Gaeta Huguet de Castellón volverán a ser o esciario escollido para a desputa do LXIII Campionato de España Junior

A esta importante cita acuden un total de 38 atletas galegos (23 homes e 15 mulleres) dos cales se agardan uns excelentes resultados tanto a nivel de m.m.p. como de medallas, sen descartar a consecución dalgún récord galego.

De toda a expedición de atletas, salientamos as probas de velocidade na que Paula Iglesias (Riazor Coruña 56.56) loitará por un dos metáis e por millorar esa quinta posición do nacional indoor

No medio fondo e fondo contaremos ca participación de Angela Fernández nos 800 m.l. (Comesaña S.C. 2.10.66) e de Adrián Ben nos 1500 m. (Lucus Caixa Rural Galega 3.46.81) que estarán na loita directa polo podium, ao igual que Ivo Maseda (Lugo Running Club by Ramos Lourés 14.50.80) nos 5.000 m.

Nos 3000 Obstáculos Miguel González (Lucus Caixa Rural Galega) tentará refrendar cunha victoria ese rexistro de 8.55.23 que o sitúan ao fronte dos participantes. Especial seguimento a Tariku Novales (C.A.Noia 9.08.35) que se atopa en plena fase de adaptación e millora técnica desta especialidade.

No apartado de combinadas Dario Costas (SGP) con 6.654 puntos loitará por facer bos os pronósticos e facerse co título de Campión de España. Para elo contará co referente da partcipación fora de concurso de Alessandro Van der Sande (7.433 p.)

Nos valados a estado de forma polo que atravesa Claudia Roja (Valencia C.A. 59.93) fan presaxiar ún rexistro importante, que mesmo podería estar moi preto desos 59.72 que constitúen o récord absoluto de Ana Domínguez dende o ano 1999.

A marcha sempre presente no noso atletismo, terá nos homes as referencias de Emilio Novás (Club Atletismo Narón, 23.24.8) e de Daniel Chamosa (Playas de Castellón) os cales poderían compartir podium. Nas mulleres importante presenza da internacional Carmen Fuentes (RIA Ferrol, 25.43.5) que parte como unha das claras favoritas ao título

Os concursos veñen con moitas opcións comezando pola lonxitude feminina e na que Iria Forján (Atlética Barbanza 5.95 m) en plena e constante milloría, podería franquear a barreira dos seis metros e poñer en serio perigo o récord absoluto de Ruth Ndumbe de 5.99 dende o ano 2004. Por ultimo a xavalinista Laura Meira (At. Femenino Celta 45.38 m.) terá que asumir a “responsabilidade” da tradición, e defender e sempre constante presenza galega desta especialidade nos podiums nacionáis.

RELACION ATLETAS GALEGOS

HORARIO

Compartir: