Resultados

Seis medallas e récord de Andrea Pais no nacional xuvenil

Esta fin de semana un total de trinta e nove atletas galegos estiveron a tomar parte en Mataró nos Campionatos de España Xuveniles que se desenvolveron os dias 25 e 26.

Moitas e importantes foron as actuacións dos nosos representantes nos que acadarían nada menos que cinco medallas todas elas na categoría feminina

Na proba dos 5 km. marcha feminina gran actuación das galegas que acadarían as medallas de prata e bronce. Antia Chamosa (C.A.Valladolid) con 24.51.29 lograría o subcampionato da especialidade estando acompañada no podium por Leyre Aramburu da Escola Atlética Lucense que se colgaría o bronce logo de invertir un rexistro de 25.04.71. Esta podium vería acompañada por outras dúas medallas nun sensacioal concurso na proba de xavalina. A representante do Marineda Atlético Ivanna Carolina Román no seu último lanzamento acadaría os 41.22 m. co que afianzaría a segunda posición do campionato acadando da mesma maneira unha MMP. Pola súa banda Claudia Puig da Sociedad Gimnástica con 40.36 m. ocuparía a terceira posición dándolle a xavalina feminina destes campionatos un destacado protagonismo galego.

Os 800 m.l, terían na figura do atleta do RIA Ferrol Pedro Osorio outro dos protagonistas salientables ao acadar co seu rexistro de 1.53.36 a medalla de prata e o subcampionato de España.

Andrea Pais do At. Femenino Celta nunha excelente carreira de 200 m.l. marcaría un rexistro de 25.06 que lle auparía ao subcampionato de España. Da mesma maneira con ese rexistro, este gran valor da canteira celeste, establecería un novo récord galego xuvenil tras superar os 25.09 de Patricia Carballo dende o ano 2012.

ACTUACION DE ATLETAS GALEGA

RESULTADOS

Compartir: