Resultados

Mauro Triana novo Plusmarquista Galego Absoluto dos 100 e 200 m.l

Xa viñamos avisando dende dende fai algún tempo que este ano podÍa ser o despegue e afianzamento de Mauro Triana na élite da velocidade nacional. O discípulo de José Carlos Tuñas ven amosando unha importante progresión nas últimas tempadas que o levarían este ano a internacionalidade e a participación ca selección española nos Xogos do Mediterráneo onde colleitaría unha medalla co relevo 4×100.

Este especialista de 200 m.l. que ten coma millor rexistro 21.14 efectuados este mesmo mes, progresaría notoriamente na proba dos 100 m. ata o punto de estar por baixo dos 10.50 malia que con vento por riba do permitido. Teriamos que agardar ata este campionato para ver xa na primeira semifinal a un Mauro que sabedor do seu fantástico momento de forma, quixo correr rápido dende o principio. Marcaría 10.50 gañando a súa carreira e establecendo un novo récord absoluto galego que ata entón estaba en posesión de Denis Galán con 10.54 dende o ano pasado en Ourense.

Por si fora pouco, hora e vinte minutos despóis, volvería correr a final na que non só acadaría o título de campión nacional senón que ademáis marcaría un crono de 10.46 (0,0) establecendo un novo récord galego absoluto e convertendose no primeiro atleta galego en baixar da barreira dos 10.50

Xa no dobre hectómetro que se correría o domingo, marcaría na semifinal un rexistro de 21.80 nunha carreira conservadora na que se pretendía dosificar esforzos cara a final. Na última xornada destes campionatos, e cando o reloxo marcaba as 19.20 horas, dábase a saida a esta importante final na que pola rúa catro o coruñés, moi seguro das súas posibilidades, completaría a distancia parando o reloxo nun rexistro de 21.07 que pulverizaría o récord con máis anos do ranking autonómico absoluto masculino que dende o ano 1983 estaba en posesión de Isidoro Hornillos con 21.12. Ademáis colleitaría a súa segunda medalla de ouro que o confirman xa na élite da velocidade nacional.

VIDEO DO RECORD DOS 200 m.l.

CURRICULUM DEPORTIVO

Compartir: