Resultados

Xa na primeira xornada, dous récords de España para os nosos veteranos en Elche

Como non podia ser de outra meneira os nosos dous abendeirados do atletismo veterano volvéronnos demostrar que non existen límites para o deporte.

Sería na proba dos 5000 m. e na que estaban a tomar parte José Vicente Rioseco M-75 do Egovarros de Viveiro e o independente Manuel Rosales M-80, na que ao remate ambos acadarían sendos récords nacionáis.

Jose Vicente cun rexistro de 19.51.90 milloraría o anterior récord de España que casualmente estaba en posesión de Rosales dende o ano 2011 con 21.18.52. Por outra banda o de Marín “compensaría” tal perda, establecendo co su rexistro de 23.35.58 un novo récord de España na categoría M-80

Compartir: