Resultados

Presentouse onte en Santiago o programa

Tivo lugar onte mércores en Santiago a presentacion do Proiecto Deportivo “Saltar na Praia”

Esta inicitaiva, organizada pola Federación Galega de Atletismo e a colaboración dos Concellos de Sada e Noia así coma dos Clubes Atletismo Sada e Atletismo Noia, tenta promocioar e achegar o atletismo na súa modalidade de saltos cara a mocidade, malia que polo seu formato estará aberta a todo o tecido social mediante as distintas sesións e actividades que se desenvolverán tanto nas praias como nas rúas dos citados concellos e que farán que tanto técnicos, rapaces, atletas e público en xeral formen parte activa das sesións.

Poderemos ver o desenvolvemento desta actividad no Concello de Sada os dias 19 ao 23 de Xullo e no Concello de Noia do 24 ao 27 de Agosto

Ao acto de presentación acudiron o Presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos, o Concelleiro Delegado de Deportes de Noia Ramón Santos. Fernando Míguez presidente do Clube Atletismo Sada, Mario González adestrador nacional e Responsable do Sector de saltos horizontáis da FGA e Felipe Barata Responsable Técnico do Clube Atletismo Friol. En representación dos atletas acudiría o triplista internacional Alfonso Palomanes. Santiago Ferrer Responsable do sector de saltos verticáis da FGA e moi involucrado neste proiecto, tomaría parte nesta presentación a traveso dun vídeo ao igual que os atletas internacionáis Jean Marie Okuto e Iria Forján cuias axendas lles impediría estar presentes no acto.

VIDEO PRESENTACION DE JEAN MARIE OKUTU

VIDEO PRESENTACION DE IRIA FORJAN

VIDEO PRESENTACION DE SANTI FERRER

Compartir: