Resultados

Récord Galego Promesa para Mauro Triana nos 200 m.l.

Foi na desputa do pasado Campionato de España por Federacións Autonómicas acontecido nesta fin de semana e desenvolto en Alcobendas, onde o atleta do Playas de Castellón Mauro Triana López (A Coruña, 1995) na súa carreira correspondente aos 200 m.l, acadaría a segunda posición marcando un rexistro de 21.14 o cal representa un novo récord de Galicia da categoría promesa. Ademáis con ese rexistro pasa a encabezar o ranking nacional promesa, achegándose ata a quinta posición na absoluta, que esta a ser encabezada por Bruno Hortelano con 20.48.

A nivel autonómico atópase a tan só dúas centésimas do récord galego absuto do actual presidente da Federacion Galega de Atletismo Isidoro Hornillos que data do ano 1982.

Video da Carreira

Compartir: