Histórico Campionato Galego de Veteranos/as o vivido en Vilagarcía

Como de formidable podemos calificar a xornada do Campionato Galego de veteranos/as desputada onte no Concello de Vilagarcía baixo un ambente excepcioal de competitividade e compañarismo.

Este campionato será lembrado por terse acadado nada menos que quince novos récords de galegos, de entre os cales dous serían de España, e un do Mundo

José Vicente Rioseco, do que xa informamos nesta web, establecería na proba dos 800 m. M-75 un rexistro de 2.30.59 que suporía un novo récord do mundo da proba e que sería, o sen lugar a dúbidas, o gran titular destacado desta cita autonómica.

Xunto a Rioseco, compre salientar os récords de España de Luis Nogueira (ADAS-Proinor) na proba de xavalina M-55. Nesta proba o atleta do ADAS batiría por dúas veces o récord nacional tanto no segundo intento, con 57.25 m, coma no último e definitivo con 59.23 m. Malia elo, as sensacións que daría Nogueira no seu concurso fan presaxiar que en breve estará por riba dos 60 m.

Outro dos protagonistas sería Manuel Rosales Touza. O incombustible corredor de Marín nado no 1935 establecería na proba dos 10.000 m. M-85 un rexistro de 48.28.42 que pulverizaría en varios minutos o anterior récord de España e que o sitúa entre as millores marcas mundiáis de tódolos tempos desta distancia.

No resto de actuacións importantes, o campionato depararía ainda doce novos récords autonómicos cuios protagonistas serían: Basilio Bernárdez (At. A Silva) en Triplo M-40 con 13.08; Salvador Torres (Corredoiras) en Lonxitude M-60 con 4.22 m.; Luis Eyre (USC) en Pértega M-65 con 1.50 m.; Manuel Rodríguez (R.C.Celta) en Disco M-65 con 36.25 m. Enrique Iglesias (Vet. Ourense) nos 100 m.l. M-70 con 16.10; Manuel García (ADAS-Proinor) nos 1500 M-75 con 6.51.59; Jose Almudí (R.C.Celta) Martelo Pesado M-75 con 13.32 m.

Na categoría feminina da mesma maniera, récords autonómicos a cargo de: Joséfina Pardo (Millaraio) en Pértiga W-50 con 1.20 m.; Esther Pedrosa (U.Santiago C.) nos 1500 W-55 con 5.15.78; Ana María Abuin (A.A Silva) Disco W-55 con 20.82 m.; Marina Fernández (Milladoiro) en 800 W-55 con 2.55.25 e Begoña de Arriba (Egovarros de Viveiro) nos 5.000 m. W-60 con 27.34.98

RESULTADOS

Compartir: