Resultados

Iván Roade e Paula Moyobre, gañadores galegos do Campionato de Montaña

Iván Roade Lago do CD San Paio a Estrada e atleta internacional independente Paula Mayobre proclamaríanse campións galegos de Montaña, proba que acontecería hoxe no Concello de Esgos e que xuntaría a preto de 200 atletas.

A proba que transcurriría por un circuito de montaña cun desnivel de 582 m. positivos, tería a súa zona de meta no Eirado, lugar a onde irían achegándose os atlatas logo de completar a distancia total prevista pola organización de 13 km.

Xunto os campións absolutos, o resto de gañadores serían por categorías:

Junior Walter Omar (Noitebra) e Aladara Pérez (Indp.). Promesa Luis González MW-35 Jose Manuel Casado (Via XVII Maceda) e Conchi Pérez (Indp.) MW-40 Manuel Quinteiros, (Indp.) e Isabel Gómez (Comesaña) MW-45 Jose Prol (Indp.) e Maria Dolores Munín (Indp.) M-50 Saturnino González (Veter. de Ourense) e Soledad Castro (Comesaña S.C.) M-55 Juan Luis Gómez (Atl. Ribadeo) MW-60 Juan Cameán (Veter. de Samil) e Margarita Urbano (Veter. Ourense) M-65 Manuel Ibáñez da Silva (C.Vet. Samil) M-80 Manuel Fernández (Veter. Ourense)

Foto. Podium feminino do Campionato con Mayobre, Castro e Gutiérrez

Ligazón

Compartir: