Resultados

Mauro Triana i Esther Navarrete gañadores do II Ourense Termal Athletics Meeting

O II Ourense Termal Athletics Meeting elevou o seu nivel de calidade nas pistas do Campus, onde se volveron arroxar marcas que a consolidan como a máis rápida de Galicia. O alto nivel nas distancias curtas foi o que lle valeu a Mauro Triana para levar o triunfo absoluto do certame na categoría masculina. O coruñés do Praias de Castellón, adestrado por José Carlos Tuñas, gañou nos 100 metros cun rexistro de 10.56 cun vento de + 2.1 que invalidou a marca e nos 200 metros 21.45 cun vento de +1.4 sendo está a mellor marca da tempada para o coruñés.

En categoría femenina seria a atleta do Atletismo Femenino Celta Esther Navarrete a gañadora tras impoñerse nos 1500ml cun rexistro de 4:25.16

O Meeting tamén deixou grandes rexistros a subliñar varios records persoais e a mínima para o mundial junior en 1500ml de Adrian Ben

Parebéns

Compartir: