Resultados

Dous Ouros, duas Pratas e Dous Bronces na I Xornada do Campionato de España de Veterans, Pentathlon Lanzamentos e Combinadas

Na localidade madrileña de Collado Villalba estase a desputar o Campionato de España de Veterans, Pentathlón Lanzamentos e Combinadas.

Nesta primeira xornada o balance para os atletas galegos é máis que positivo, cun total de 4 medallas, entre elas a do atleta do ADAS Luis Nogueira que imporiase no Pentathlón M60 de lanzamentos e batería o record de España de lanzamento de xavelina M60.

Manuel Rodriguez Subcampión de España no Pentathlon de lanzamentos M65 Xulio Ventin proclamariase Subcampión de España no Pentathlón M50, José Manuel Almudi Campión de España no Pentathlón M75, e Javier Cid Bronce no Pentathlón M40

En mulleres Mónica Yañez continua primeira na clasificación, seguida da tamén galega Maria Teresa Janeiro no Heptathlón F35, Lucia Doval continua 3ª na clasificación do Heptathlón F40, e María de los Ángeles Rodríguez 2ª Heptathlón F55

Compartir: