Resultados

Previa Campionato de Galicia de Clubes Cadete-Xunior

Este sábado despútase en Ferrol o Campionato de Galicia Cadete-Xunior de Clubes,onde o redor de 500 atletas tomarán as pistas na búsqueda de conseguir o Campionato.

Na pasada edición as rapazas do Vila de Cangas e os rapaces da Sociedad Gimnástica de Pontevedra imporíanse no Campionato de Galicia de Clubes Xunior. O AVA e o Millaraio farian o mesmo en categoría Cadete.

Nesta nova edición do Campionato de Galicia cabería destacar a participación dos componentes da selección masculina de cross que participaron no Campionato de España de Campo a través, Diego Alonso correrá o 3000, Aldo Rey os valados e David Fernández no 1000, así com a vixente Campiona de España de Pista Cuberta nos 3000 metros Sara López, que participará nos 1500 m obstáculos, Adrian Ben, Miguel González correrán o 1500 e 3000 m, Pedro Osorio os 800, en rapazas, Paula Iglesias participará no salto de altura e no 200,Laura Meira na Xavelina e Leyre Aramburu na Marcha.

Lembramos que na proba de Marcha farase Pit-Lane en ambalas categorias

Circular Xunior

Circular Cadete

Anexo

Horario Cámara de Chamadas

Cadencias

Inscritos – Campionato de Galicia Clubes Cadete

Inscritos – Campionato de Galicia Clubes Xunior

Compartir: